venres, 30 de xuño de 2017
venres, 9 de xuño de 2017
Denuncia da situación do persoal eventual de Correos
Despois dos plenos do comité de empresa e Xunta de persoal de A Coruña, os membros asistentes concentráronse no Cantón grande da capital provincial escenificando unha gran cola de espera para acceder a empregos temporais en Correos, así como os defectos que na actualidade sofren o persoal contratado ou que pretende acceder ás Bolsas de Contratación (a saber: enchufes, denominación de persoal idóneo, e en xeral falta de contratación e transparencia no proceso de selección).
venres, 29 de maio de 2015
Concentración diante da Oficina de Correos de Fene
Diante da inminente reestructuración dos servizos desta oficina de Fene o Comité de Empresa e máis a Xunta de Persoal de Correos da provincia da Coruña en apoio ó persoal de reparto desta oficina esixen que se manteñan os postos de traballo, que se cubran todas as ausencias e que se melloren as condicións de traballo do persoal para desa maneira garantir un servizo público de calidade no reparto da correspondencia dos concellos de Fene, Ares e Mugardos.
Fotos da concentración do día 27 de maio de 2015 diante da oficina de Fene.
Etiquetas:
A Coruña,
Comite Empresa,
Concentración,
Correos,
Fene,
Redimensionamento.,
Redución de Postos,
Reforma,
Servizo Publico de Calidade,
Xunta Persoal
mércores, 11 de febreiro de 2015
CORREOS: Concentración diante da UR2 da Coruña
Convocada polo Comité de Empresa e pola Xunta de Persoal foi respaldada pola totalidade dos repartidores e repartidoras desta Unidade de Reparto da Coruña que contaron co apoio dos delegados dos sindicatos CCOO, CIG, UGT, CGT e CSIF que conforman estes órganos de representación.
O persoal desta unidade de reparto dúas da Coruña, continúa mostrando o seu descontento logo da reforma na que se recortaron nove postos de traballo, xa vai para dous anos, e denuncia a imposibilidade de asumir as cargas de traballo para poder repartir a diario toda a correspondencia, así como a distribución desigual das cargas das seccións e a falta de contratación cando se producen ausencias que motiva recargos continuos que inciden no problema creado de barrios sobrecargados.
Con estas mobilizacións preténdese que a dirección e xefaturas ordenen que se revisen a conciencia e con obxectividade todos os barrios para crear os postos de traballo necesarios para que se poida facer un reparto da correspondencia diario, traballando con dignidade e dándolle ó servicio a calidade que se merecen e que demandan os usuarios de Correos. Para elo non se poden esquecer de cubrir todas as ausencias inmediatamente que se produzan para que non se den atrasos nin acumulacións e que o correo saia ó día, todos os días do ano.
Etiquetas:
A Coruña,
Comite Empresa,
Concentración,
Correos,
Recargos,
Redimensionamento.,
Redución Postos Traballo,
Reformas,
Xunta Persoal
martes, 10 de febreiro de 2015
Correos: Concentración na UR2 de Compostela
Convocada polo Comité de Empresa e Xunta de Persoal de Correos da Provincia de A Coruña en contra do recorte de postos de traballo, dos recargos e pola cobertura de todos os postos de traballo incluídas as vacantes e as ausencias temporais.
Nesta ocasión foron os traballadores e traballadoras da UR2 de Santiago, os que saíron a concentrarse á porta do seu centro de traballo no Polígono de Costa Vella de Compostela, apoiados por delegados dos sindicatos con representación nesta provincia que compoñen a Xunta de Persoal e máis o Comité de Empresa: CCOO, CIG, UGT, CGT e CSIF; para demostrar o seu descontento coa situación actual que están padecendo con sobrecargas de traballo imputables a mala xestión da dirección da empresa.
Etiquetas:
A Coruña,
Comite Empresa,
Correos,
CostaVella,
Recargos,
Redución Postos Traballo,
Reformas,
Santiago,
Xunta Persoal
venres, 30 de xaneiro de 2015
CORREOS: Concentración do persoal da UR1 de Santiago
SOLICITAN A REVISIÓN DAS SECCIÓNS LOGO DA REFORMA DA CARTERÍA
E SUBSTITUCIÓNS PARA TODAS AS AUSENCIAS
Convocado polo Comité de Empresa e máis pola Xunta de Persoal de Correos da Provincia da Coruña concentrouse diante da dirección de zona o persoal da unidade de reparto 1 de Compostela apoiado polos delegados e delegadas dos sindicatos con representación nestes órganos: CCOO, CIG, UGT, CGT e CSIF.
Farto de falsas promesas e de solucións que non chegan o persoal desta Unidade de Reparto 1 de Compostela, reclama que se revisen as cargas de traballo das seccións logo da última reforma, para que estas se axusten a xornada laboral sen que haxa sobrecarga de traballo e que se cubran todas as ausencias de persoal para que non haxa recargos.
Etiquetas:
A Coruña,
Comite Empresa,
Correos,
Recargos,
Redimensionamento.,
Redución Postos Traballo,
Reformas,
Santiago,
Xunta Persoal
martes, 27 de xaneiro de 2015
CORREOS: Concentración do persoal do CTA de LAVACOLLA
Concentración convocada polo Comité de Empresa e mais pola Xunta de Persoal de Correos da provincia da Coruña.
Participaron os traballadores da quenda da tarde apoiados por algún dos traballadores das quendas da noite e da mañá e máis polos delegados de persoal dos sindicatos CCOO, CIG, UGT, CGT e CSIF.
A concentración celebrada á media tarde do día 27 de xaneiro, logo de celebrar unha asemblea, está enmarcada dentro das medidas diseñadas polo Comité de Empresa e máis pola Xunta de Persoal para demandar da Dirección de Zona unha reunión inminente para negociar a táboa reivindicativa e especialmente para esixir que con caracter de urxencia se repoña o servizo de limpeza nas máquinas do CTA para que o po en suspensión que xeran e levantan deixe de ser o problema que lles está afectando negativamente na súa saúde provocando alerxias e outro tipo de enfermidades entre o persoal.
Temos que felicitarnos porque grazas a insistencia do Comité de Empresa e da Xunta de Persoal co apoio e reforzo que supuxo para a nosa demanda esta concentración, recibimos convocatoria para xuntarnos coa dirección de zona a negociar as demandas plantexadas na táboa reivindicativa para o vindeiro día 2 de febreiro.
Esto non quere dicir nada nun principio, pero ten que ser o comezo por onde empezar a mirar se realmente teñen boas intencións ou se limitan a dar largas. Por eso temos que estar todos pendentes do que aconteza e estar dispostos para responder con mobilizacións diante de calquera ofensa en contra dos nosos dereitos e melloras polas que todos e todas loitamos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)