mércores, 11 de febreiro de 2015

CORREOS: Concentración diante da UR2 da Coruña

Convocada polo Comité de Empresa e pola Xunta de Persoal foi respaldada pola totalidade dos repartidores e repartidoras desta Unidade de Reparto da Coruña que contaron co apoio dos delegados dos sindicatos CCOO, CIG, UGT, CGT e CSIF que conforman estes órganos de representación.





O persoal desta unidade de reparto dúas da Coruña, continúa mostrando o seu descontento logo da reforma na que se recortaron nove postos de traballo, xa vai para dous anos, e denuncia a imposibilidade de asumir as cargas de traballo para poder repartir a diario toda a correspondencia, así como a distribución desigual das cargas das seccións e a falta de contratación cando se producen ausencias que motiva recargos continuos que inciden no problema creado de barrios sobrecargados.
Con estas mobilizacións preténdese que a dirección e xefaturas ordenen que se revisen a conciencia e con obxectividade todos os barrios para crear os postos de traballo necesarios para que se poida facer un reparto da correspondencia diario, traballando con dignidade e dándolle ó servicio a calidade que se merecen e que demandan os usuarios de Correos. Para elo non se poden esquecer de cubrir todas as ausencias inmediatamente que se produzan para que non se den atrasos nin acumulacións e que o correo saia ó día, todos os días do ano.

Para ollar esta información noutros medios preme aquí:
LA OPINION A CORUÑA


martes, 10 de febreiro de 2015

Correos: Concentración na UR2 de Compostela

Convocada polo Comité de Empresa e Xunta de Persoal de Correos da Provincia de A Coruña en contra do recorte de postos de traballo, dos recargos e pola cobertura de todos os postos de traballo incluídas as vacantes e as ausencias temporais.




Nesta ocasión foron os traballadores e traballadoras da UR2 de Santiago, os que saíron a concentrarse á porta do seu centro de traballo no Polígono de Costa Vella de Compostela, apoiados por delegados dos sindicatos con representación nesta provincia que compoñen a Xunta de Persoal e máis o Comité de Empresa: CCOO, CIG, UGT, CGT e CSIF; para demostrar o seu descontento coa situación actual que están padecendo con sobrecargas de traballo imputables a mala xestión da dirección da empresa.