venres, 9 de xuño de 2017

Denuncia da situación do persoal eventual de Correos

Despois dos plenos do comité de empresa e Xunta de  persoal de A Coruña, os membros asistentes concentráronse no Cantón grande da capital provincial escenificando unha gran cola de espera para acceder a empregos temporais en Correos, así como os defectos que na actualidade sofren o persoal contratado ou que pretende acceder ás Bolsas de Contratación (a saber: enchufes, denominación de persoal idóneo, e en xeral falta de contratación e transparencia no proceso de selección).