martes, 27 de xaneiro de 2015

CORREOS: Concentración do persoal do CTA de LAVACOLLA

Concentración convocada polo Comité de Empresa e mais pola Xunta de Persoal de Correos da provincia da Coruña. 

Participaron os traballadores da quenda da tarde apoiados por algún dos traballadores das quendas da noite e da mañá e máis polos delegados de persoal dos sindicatos CCOO, CIG, UGT, CGT e CSIF.

A concentración celebrada á media tarde do día 27 de xaneiro, logo de celebrar unha asemblea, está enmarcada dentro das medidas diseñadas polo Comité de Empresa e máis pola Xunta de Persoal para demandar da Dirección de Zona unha reunión inminente para negociar a táboa reivindicativa e especialmente para esixir que con caracter de urxencia se repoña o servizo de limpeza nas máquinas do CTA para que o po en suspensión que xeran e levantan deixe de ser o problema que lles está afectando negativamente na súa saúde provocando alerxias e outro tipo de enfermidades entre o persoal.

     

              
                                   







Temos que felicitarnos porque grazas a insistencia do Comité de Empresa e da Xunta de Persoal co apoio e reforzo que supuxo para a nosa demanda esta concentración, recibimos convocatoria para xuntarnos coa dirección de zona a negociar as demandas plantexadas na táboa reivindicativa para o vindeiro día 2 de febreiro.
Esto non quere dicir nada nun principio, pero ten que ser o comezo por onde empezar a mirar se realmente teñen boas intencións ou se limitan a dar largas. Por eso temos que estar todos pendentes do que aconteza e  estar dispostos para responder con mobilizacións diante de calquera ofensa en contra dos nosos dereitos e melloras polas que todos e todas loitamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario